lunes, 31 de mayo de 2010

PRESENTACIÓN DA PLATAFORMA NA CORUÑA

Acto de presentación da

Plataforma en defensa
do Sistema Publico galego
de Servizos Sociais

Mércores 2 de xuño
12,00 horas


Interveñen:

Miguel Fernández
Xabier Ron
Xosé Manuel Malheiro




Salón de Actos
Facultade de Ciencias da EducaciónUniversidade da Coruña

viernes, 28 de mayo de 2010

SEGUE A PRIVATIZACIÓN DOS CENTROS DE MAIORES

Publicada no DOG a licitación da xestión asistencial dos centros de atención a persoas maiores de Mondariz e Vilar de Barrio [25/05/2010] O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a licitación pública da xestión do servizo público asistencial, en réxime de concesión, dos centros de atención a persoas maiores de Mondariz, na provincia de Pontevedra, e de Vilar de Barrio, en Ourense. A convocatoria pode consultarse na páxina web http://www.igualdadebenestar.org/, no Perfil do contratante.

http://www.igualdadebenestar.org/novas/nova.php?id=461&lg=gal

miércoles, 26 de mayo de 2010

A CONSELLEIRA ESCUSA A INOPERANCIA NA APLICACIÓN DA LEI DE DEPENDENCIA

A conselleira que, a día de hoxe, aínda non nos concedeu a entrevista demandada, xustifica o retraso na aplicación da Lei de Dependencia e o feito de que nos situemos en desatención por riba da media.
Cando alude aos programas informáticos, preguntámonos se serán como os das axudas de libros de texto...encargados a empresas privadas (que de cobrar si saben) de Madrid e que funcionaban malamente...: terá algo que ver no retraso??

http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-sociedade/gh/xunta-reconece-falta-eficiencia-xeneralizada-ao-tramitar-dependencia/idEdicion-2010-05-26/idNoticia-551237/

Igualmente gracioso, cando menos, é a súa afirmación de que os servizos sociais poden xerar emprego...: referirase ao sector privado?? no público pensamos que non, segundo as liñas mestras que os guian.

26-maio-2010

lunes, 24 de mayo de 2010

O SANTIAGO APÓSTOL SEGUE A SÚA LOITA POLO MANTEMENTO DO CENTRO

Enlace no que se refire a nova de que os traballadores e traballadoras do Santiago Apóstol seguirán coas súas reivindicacións
http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2010/05/22/trabajadores-santiago-apostol-endureceran-protestas/386806.html

domingo, 23 de mayo de 2010

PRESENTACIÓN DA PLATAFORMA EN OURENSE

Mañá, ás 13h, no Decanato da Facultade de Ciencias da Educación do Campus de Ourense terá lugar a presentación dos principios, fundamentos, liñas de traballo e obxectivos da Plataforma en Defensa do Sistema Público Galego de Servizos Sociais.

23-maio-2010

ENTRE 2000 E 4000 EUROS...QUEREMOS ISO PARA OS NOSOS MAIORES?

Abraian as cifras que se chegan a escoitar cando, con sinceridade, entre nós, moitos e moitas nunca acadaremos esas astronómicas cantidades (3000 -4000 euros) en idade laboral...ímola conseguir unha vez xubilados e xubiladas?

O privado discrimina: pode quen paga; o público é o noso patrimonio e temos dereito a pensar nun centro residencial onde non se nos vaia un ril e parte do outro.

Deixámosvos coa lectura do artigo:
http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2010/05/23/0003_8501812.htm

sábado, 22 de mayo de 2010

ENTREVISTA A VALENTÍN GONZÁLEZ, COÑECEDOR DO EIDO SOCIAL

ENTREVISTA a Valentín González, profesor de La Pablo Olavide:
http://www.xornal.com/artigo/2010/05/22/sociedad/valentin-gonzalez-calvo-problema-dependencia-burocracia/2010052122353900109.html

OS CONCELLOS VÉNSE IMPOSIBLES DE PODER ATENDER Á DROGODEPENDENCIA

A crise nunca debe ser xustificante de pago para garantirlle beneficios á gran banca e á grande empresa, mentres, no día a día, os concellos de Galicia padecen e senten a corda abafante da falta de recursos económicos estreitarse sobre a igualdade de oportunidades e sobre o benestar das persoas:

http://www.xornal.com/artigo/2010/05/22/sociedad/paralise-do-plan-drogas-afecta-18000-pacientes-traballadores/2010052121593500214.html

22-maio-2010

martes, 18 de mayo de 2010

MOBILIZACIÓN DO PERSOAL LABORAL DO CENTRO SANTIAGO APÓSTOL DE A CORUÑA E O CAPD DE SARRIA SOLIDARIZOUSE AMOSANDO O SEU APOIO




Adxuntamos o enlace da mobilización do persoal laboral do Centro Santiago Apóstol. De abraio, cando menos, o grao de "esperpento" dos argumentos empregados polo delegado territorial, Diego Calvo:







O persoal do centro CAPD de Sarria mobilizouse tamén en apoio e solidariedade dos compañeiros e compañeiras do Centro Santiago Apóstol, e adxuntamos unha foto da mesma.

viernes, 14 de mayo de 2010

martes, 11 de mayo de 2010

CRÍTICAS ANTE A CREACIÓN DA AXENCIA GALEGA DE SERVIZOS SOCIAIS

O PSdGe o BNG denuncian a creación da Axencia Galega de Servizos Sociais:

http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2010/05/11/0003_8476029.htm

A PLATAFORMA APOIA A FOLGA DOS TRABALLADORES E TRABALLADORAS DO CENTRO DE EDUCACIÓN ESPECIAL SANTIAGO APÓSTOL DE A CORUÑA O 18 DE MAIO

A PLATAFORMA EN DEFENSA DO SISTEMA PÚBLICO GALEGO DE SERVIZOS SOCIAIS composta por 94 entidades de diversa índole: 36 concellos; 46 entidades sociais, dende asociacións e federacións veciñais, asociacións e federacións do ámbito da dependencia e falla de autonomía persoal, do ámbito da exclusión social e tamén do ámbito sociosanitario; e outras 12 entidades entre colexios profesionais, sindicatos e partidos políticos. Ademais de máis de 450 persoas individualmente, que se distribúen de xeito semellante entre profesionais dos servizos sociais e veciñanza en xeral, quere facer público o seguinte Comunicado de apoio aos traballador@s do Centro de Educación Especial Santiago Apostol de A Coruña que convocan unha folga o martes dia 18 de Maio para revindicar o mantemento, na situación actual, deste Centro históricamente senlleiro en Galicia na atención de persoas con discapacidade, ante as previsións de peche por parte da Consellería de Traballo e Benestar Social do mesmo.

A pretensión privatizadora da Consellería de Traballo e Benestar Social, que ven denunciando esta Plataforma dende hai meses, volta a reproducirse coa mesma estrategia: contrapoñer o público fronte ao privado, tentar transladar á sociedade a idea de que funciona mellor o privado, para eliminar os centros públicos. Sumámonos a traballadores e traballadoras deste Centro público cando revindican a necesidade de que haxa períodos nos que as familias se ocupen das persoas con discapacidade, fronte a idea de establecementos onde se poidan “aparcar” ás persoas de forma permanente. A estratexía privatizadora como indican os/as propios e propias traballador@s do Centro leva mesmo a recomendar dende a propia administración autonômica centros privados ás famílias en vez do Santiago Apostol.

Persoas que formamos parte desta Plataforma, participaremos directamente nas mobilizacións previstas para o dia 18 de maio e facemos um chamamento a outras persoas e entidades a que se sumen a esta convocatória na que nos xogamos, unha vez mais, a pervivencia do sistema público galego de servizos sociais.

Para máis información: Miguel Fernández (662-307019) e Xosé López(686-506858) enderezo electrónico: defensa.servizossociais.publicos@gmail.com

ACTO-PROTESTA DA PLATAFORMA NO REXISTRO XERAL DA XUNTA DE GALICIA



A PLATAFORMA EN DEFENSA DO SISTEMA PÚBLICO GALEGO DE SERVIZOS SOCIAIS composta por 94 entidades de diversa índole: 36 concellos; 46 entidades sociais, dende asociacións e federacións veciñais, asociacións e federacións do ámbito da dependencia e falla de autonomía persoal, do ámbito da exclusión social e tamén do ámbito sociosanitario; e outras 12 entidades entre colexios profesionais, sindicatos e partidos políticos. Ademáis de 450 persoas individualmente, que se distribúen de xeito semellante entre profesionais dos servizos sociais e veciñanza en xeral, desenvolveu unha Rolda de Prensa Informativa, hoxe martes día 11 de Maio ás 11:00 h no Rexisto Xeral da Xunta en San Caetano con motivo da presentación pública da solicitude de entrevista de representantes desta Plataforma coa Conselleira de Traballo e Benestar, Dna Beatriz Mato, para presentarlle o documento-base desta Plataforma que reivindica o desenvolvemento normativo da Lei de Servizos Sociais de Galiza en vigor dende o mes de marzo de 2009 e que presenta neste momento un elevadísimo grao de incumprimento respecto aos prazos que establece a propia Norma. (Xuntamos o documento-base da nosa Plataforma, que explica eses incumprimentos)

O motivo da realización pública deste Acto, no que participaron á Comisión de Coordenación da citada Plataforma, é que con anterioridade fíxérase a mesma solicitude, concretamente con data 3 de marzo de 2010, e despois de moito tempo de espera, a resposta foi unha esixencia inquisitorial de indicar o nome de tódolos compoñentes da Plataforma, para valorar a posibilidade de recibirnos. Independentemente das sospeitas de control sobre entidades e persoas individuais que poden doadamente deducirse de tal solicitude, quixemos denunciar con este Acto Público, a intolerable actitude dunha representante da Administración Pública Galega do máximo nivel para coas demandas e iniciativas dun grupo importante de entidades e de cidadáns e cidadás de Galiza. Máis ala desta actitude, fixemos público o noso compromiso co desenvolvemento da citada Lei e a nosa oposición razoada e razoable aos procesos de privatización de servizos sociais públicos que se están a producir neste momento, o que suporá unha notable diminución da calidade dos mesmos. Mantemos polo tanto o noso interese en manter a xuntanza solicitada coa responsable das políticas de emprego e benestar social da Xunta de Galicia, para presentarlle as nosas propostas e demandas.

A valoración respecto ao anuncio da Conselleira de creación da Axencia Galega de Servizos Sociais e en paralelo a supresión do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, foi que interesadamente se pretende confundir a dous organismos, que segundo a Lei vixente de Servizos Sociais teñen funcións diferentes: a Axencia, coordenar os servizos sociais especializados dependentes da Xunta e o Consorcio, é un órgano de colaboración interadministrativa entre Xunta e Concellos, que son, estes últimos, os responsables de implementar os servizos sociais de base para ao conxunto da poboación.

Na rolda de prensa informamos das actividades que desenvolveu esta Plataforma nos últimos meses. Salientamos que durante este tempo, dende a nosa constitución a mediados do mes de xaneiro do presente ano 2010, non paramos de medrar no número de adhesións formais de entidades e asociacións, concellos, sindicatos e grupos políticos e sobre todo moit@ cidad@s de forma individual. Consideramos moi positivo este feito que responde de forma clara a concienciación colectiva cada vez maior de persoas, entidades e responsables políticos e sociais da necesidade de defender o sistema público galego de servizos sociais, en perigo de privatización, e de desenvolver as medidas citadas na citada Lei de Servizos Sociais de Galiza.
Neste tempo a Plataforma en defensa do sistema público galego de servizos sociais ten realizado:

-Actos públicos de denuncia de privatización de centros de día nos concellos de Rois, Begonte, Culleredo e Porriño, afectado pola primeira onda privatizadora da Xunta. - Presentación no Parlamento dun texto para elaborar unha Proposición non de Lei e unha Moción que recolle os principios e demandas presentes no noso documento-base.- Presentación Pública da Plataforma na cidade de Vigo nun concorrido acto público que tivo lugar o pasado mércores día 5 de Maio , coa constitución dun grupo de Coordenación desta Plataforma para a zona sur de Galiza.

- Contactos a nivel institucional e persoal con facultades das tres universidades de Galiza.- Apoios ás mobilizacións d@s traballador@ do Consorcio Galego de Servizos Sociais; apoio á mobilización a prol dos servizos públicos do 25 de Abril; apoio as mobilizacións a prol dun centro de inclusión (albergue público) en Vigo; apoio a mobilización d@s traballador@s do Centro Santiago Apostol de A Coruña que a Xunta quere pechar.
Reafirmamos o noso compromiso de manter esta liña de traballo nos vindeiros meses para desenmascarar as actuacións privatizadoras e contrarias a Lei da Xunta de Galiza.Para máis información: Miguel Fernández (662-307019) e Xosé López (686-506-858).

lunes, 10 de mayo de 2010

UNHA NOVA ENTIDADE PARA OS SERVIZOS SOCIAIS OU COMO DESMONTAR O XA EXISTENTE

A Xunta anuncia a creación da Axencia Galega de Servizos Sociais:

http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2010/05/09/0003_8472097.htm

maís aló da propaganda institucional, falta saber cales serán os seus cometidos....figurará o pleno desenvolvemento da Lei 13/2008 de Servizos Sociais de Galicia en canto que servizo público e en canto que dereito a reclamar por parte da cidadanía?

10-maio-2010

sábado, 8 de mayo de 2010

ROLDA DE PRENSA O 11 DE MAIO ÁS 11h NO REXISTRO XERAL DA XUNTA EN SAN CAETANO

COMUNICADO DE PRENSA

A PLATAFORMA EN DEFENSA DO SISTEMA PÚBLICO GALEGO DE SERVIZOS SOCIAIS composta por 94 entidades de diversa índole: 36 concellos; 46 entidades sociais, dende asociacións e federacións veciñais, asociacións e federacións do ámbito da dependencia e falla de autonomía persoal, do ámbito da exclusión social e tamén do ámbito sociosanitario; e outras 12 entidades entre colexios profesionais, sindicatos e partidos políticos. Ademais de máis de 450 persoas individualmente, que se distribúen de xeito semellante entre profesionais dos servizos sociais e veciñanza en xeral, convoca unha Rolda de Prensa Informativa o martes día 11 de Maio ás 11:00 h. no Rexistro Xeral da Xunta en San Caetano con motivo da presentación pública da solicitude de entrevista de representantes desta Plataforma coa Conselleira de Traballo e Benestar, Dna Beatriz Mato, co fin de presentarlle o documento-base desta Plataforma que basicamente reivindica o desenvolvemento normativo da Lei de Servizos Sociais de Galiza en vigor dende o mes de marzo de 2009 e que presenta neste momento un elevadísimo grao de incumprimento respecto aos prazos que establece a propia Norma. (Xuntamos o documento-base, que explícita eses incumprimentos).

O motivo da presentación pública deste Acto, no que participará á Comisión de Coordenación da citada Plataforma, é que con anterioridade fíxose a mesma solicitude, concretamente con data 3 de marzo de 2010, e despois de moito tempo de espera, a resposta foi unha esixencia inquisitorial de indicar o nome de tódolos compoñentes da Plataforma, para valorar a posibilidade de recibirnos.

Independentemente das sospeitas de control sobre entidades e persoas individuais que poden doadamente deducirse de tal solicitude, queremos denunciar con este Acto Público a intolerable actitude dunha representante da Administración Pública Galega do máximo nivel para coas demandas e iniciativas dun grupo importante de entidades e de cidadáns e cidadás de Galiza.

Máis ala desta actitude, faremos público o noso compromiso co desenvolvemento da citada Lei e a nosa oposición razoada e razoable aos procesos de privatización de servizos sociais públicos que se están a producir neste momento, o que suporá unha notable diminución da calidade dos mesmos, mantendo polo tanto o noso interese en ter a xuntanza solicitada coa responsable das políticas de emprego e benestar social da Xunta de Galicia, para presentarlle as nosas propostas e demandas.

Para máis información: Miguel Fernández (662-307019) e Xosé López(686-506858) enderezo electrónico: defensa.servizossociais.publicos@gmail.com

A PLATAFORMA ESTIVO NA MANIFESTACIÓN EN DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS


O domingo 25 de abril de 2010 a Plataforma en Defensa do Sistema Público Galego de Servizos Sociais participou na manifestación en Defensa dos Servizos Públicos que tivo lugar en Compostela.

A PLATAFORMA PRESENTOUSE EN ROLDA DE PRENSA O 18 DE MARZO


A PLATAFORMA EN DEFENSA DO SISTEMA PÚBLICO GALEGO DE SERVIZOS SOCIAIS composta por máis de 60 entidades sociais e concellos de Galicia, entre as que se atopan concellos pequenos como: A Bola, Poboa de Brollón; concellos medianos como: O Carballiño, Melide, Morforte ou Boiro; Concellos grandes como: Vigo ou Vilagarcía; e entidades como os Colexios Profesionais de Psicolog@s e Educador@S Sociais de Galicia, diversas entidades sectoriais do ámbito da Inclusión Social, da promoción da autonomia persoal, das drogodependencias, etc., tales como: a Fundación Érguete-Integración, Alcer, Plataforma polo Emprego, Plans Comunitarios dos Barrios de Vite ou Teis, partidos políticos como o PSdG-PSOE, BNG ou EU, e máis de dous centos cidadáns e cidadás, maioritariamente técnicos e profesionais dos servizos de benestar social desenvolveu unha Rolda de Prensa Informativa o xoves día 18 de Marzo ás 11:00 h na Galería Sargadelos de Santiago (Rúa Nova nº 16), para realizar un Acto Público que contou coa presenza de representantes das entidades que conforman a Plataforma e tamén de persoas de xeito individual.
No acto déuse conta da Moción Parlamentaria que esta Plataforma presentou aos tres grupos parlamentarios coincidindo co primeiro ano de entrada en vigor da Lei 13/2008 de Servizos Sociais de Galiza, que recolle os principais incumprimentos e dilacións no desenvolvemento desta Lei e polo tanto para instar ao goberno da Xunta para o axeitado cumprimento desta Normativa do máximo rango a nivel autónomico que define precisamente aos servizos sociais como un sistema público ao mesmo nivel que os sistemas educativo, sanitario ou da seguridade social, e que converte, polo tanto, aos servizos sociais como o cuarto piar do estado do benestar. Este Texto foi acollido de forma moi favorable polos grupos parlamentarios do PSdG-PSOE e do BNG que se comprometeron a defendelo na Cámara Autonómica. O PPdG informou que habería algúns aspectos dos recollidos na Moción nos que podían coincidir aínda que non podían aceptar o contido completo da mesma.

18-marzo-2010

A COMISIÓN COORDINADORA DA PLATAFORMA REÚNESE NO PARLAMENTO COS GRUPOS POLÍTICOS


O 9 de marzo de 2010, a Comisión Coordinadora da Plataforma en Defensa do Sistema Público Galego de Servizos Sociais presentou aos tres grupos políticos con representación no Parlamento o documento base da Plataforma acompañado do decálogo de medidas para desenvolver a Lei 13/2008 de Servizos Sociais de Galicia.

DOCUMENTO BASE EN DEFENSA DO SISTEMA PÚBLICO GALEGO DE SERVIZOS SOCIAIS

A beneficencia tivo a súa época. A conciencia cidadá e o estado social avanzaron de tal maneira que hoxe é impensable que a sorte última dos máis vulnerables se xogue na maior ou menor boa vontade ou caridade da xente, ou na existencia ou inexistencia de institucións benéficas. A sociedade galega madurou socialmente e hoxe falamos de dereitos esixibles e non de esmolas graciables. Ese avance está plasmado na Lei 13/2008 de Servizos Sociais de Galicia, que define precisamente aos servizos sociais como un sistema público ao mesmo nivel que os sistemas educativo, sanitario ou da seguridade social. Os servizos sociais son, por lei o cuarto piar do estado do benestar.

Defendemos ese logro. Defendemos a consolidación dun sistema público galego de servizos sociais que garanta os equipamentos precisos para acadar uns servizos que cubran as necesidades sociais do conxunto da poboación galega –servizos aos que temos dereito, vivamos onde vivamos- co obxectivo de favorecer a cohesión social do país, reforzando os vencellos sociais e combatendo os procesos de desestruturación territorial e social, abordando, tanto as situacións de falla de autonomía persoal, como as de pobreza e exclusión social ou nas que existan menores en conflito ou desamparo.

Defendemos a consolidación dos servizos sociais comunitarios dirixidos ao conxunto da poboación dun territorio determinado que teñen un carácter predominantemente local, baseado no desenvolvemento de accións preventivas, de atención integral a persoas e familias e de incorporación social e laboral, enmarcados no sistema público galego de servizos sociais estruturado en rede e coordinado cos outros servizos para o benestar: de saúde, educación, emprego, vivenda, migracións, etc.

Denunciamos que o goberno da Xunta volva atrás no modelo de xestión dos servizos sociais.

Denunciamos o intento de destruír unha estrutura básica de servizos sociais que estaba camiño de asentarse de maneira homoxénea en todo o territorio galego co fin de prestar servizos que fagan posible o exercicio de dereitos esenciais das persoas, de dereitos recoñecidos na Lei.
Facemos un chamamento a poboación en xeral, e aos profesionais en particular, a mobilizarnos en defensa do sistema público galego de servizos sociais. Non podemos permitir un retroceso nesa dirección nin que os servizos sociais sexan un negocio no que uns poucos saquen proveito económico –maximizando o beneficio e reducindo a calidade dos servizos- a costa do deterioro do benestar social do conxunto da poboación. Non podemos permitir que ese negocio se faga en centros construídos e postos en marcha con fondos públicos.

DECÁLOGO DE MEDIDAS URXENTES QUE IMPLEMENTEN O SISTEMA GALEGO DE SERVIZOS SOCIAIS

1.- Desenvolvemento da Lei 13/2008 do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia en vigor dende o 18 de marzo de 2009 na que se define aos servizos sociais como un sistema público de servizos, constituíndose no 4º piar do benestar xunto coa educación, a sanidade e a seguridade social; recoñece o dereito aos servizos sociais como un dereito subxectivo das persoas, do conxunto da poboación, e obriga a incluír nos orzamentos anuais da Xunta e das entidades locais as partidas necesarias para o financiamento do sistema galego de servizos sociais.

2.- Implantación xeneralizada da Tarxeta Social Galega, de carácter persoal e intransferible que acredita como titular do dereito ao acceso aos servizos sociais: Posta en marcha do Expediente social básico único e do Mapa galego de servizos sociais no que se definen as áreas sociais e se establecen os criterios de dotación de centros e de servizos en todo o territorio galego.

3.- Aprobación e desenvolvemento do Catálogo de servizos sociais definido na Lei de servizos sociais de Galicia.

4.- Dotación dos medios precisos á Axencia Galega de Servizos Sociais para a súa posta en funcionamento e o cumprimento das súas funcións.

5.- Revisión urxente da regulación legal da renda de integración social de Galicia establecida na Lei 9/1991, do 2 de outubro, de medidas básicas para a inserción social, e elaboración e aprobación dunha nova lei de inserción social de Galicia.

6.- Determinar os equipamentos, persoal profesional e equipos técnicos interdisciplinares en cada nivel de actuación da estrutura básica dos servizos sociais, tanto municipal como comarcal. Fixando as titulacións e as cualificacións profesionais e os ratios de cobertura dos equipos de traballo. Todo elo coa aprobación do Consello Galego de Benestar Social e a Mesa Galega de Servizos Sociais.

7.- Consolidación da rede de Oficinas de Igualdade e Benestar e a súa ampliación que garanta unha eficaz cobertura das necesidades, dotadas de equipos profesionais interdisciplinares que actuando en rede complementen o labor dos servizos sociais comunitarios básicos dos concellos en relación coas situacións de exclusión e desigualdade social.

8.- Consolidación da xestión pública dos centros de atención xerontolóxica que atenden a persoas en situación de dependencia ou en risco de padecela, en particular a rede de Centros de Día. Consolidación de programas de proximidade que vertebren e cubran homoxeneamente a atención en toda Galicia.

9.- Constitución inmediata dos órganos de participación recollidos na lei, nomeadamente o Consello Galego de Benestar Social e a Mesa Galega de Servizos Sociais.

10.- Constitución da Comisión Interdepartamental de Servizos Sociais e Inclusión Social, que asuma, ademais das funcións previstas no artigo 65º desta lei, as funcións establecidas no artigo 54 da Lei 9/1991, do 2 de outubro, de medidas básicas para a integración social.
Febreiro de 2010