A PLATAFORMA EN DEFENSA DO SISTEMA PÚBLICO GALEGO DE SERVIZOS SOCIAIS composta por 94 entidades de diversa índole: 36 concellos; 46 entidades sociais, dende asociacións e federacións veciñais, asociacións e federacións do ámbito da dependencia e falla de autonomía persoal, do ámbito da exclusión social e tamén do ámbito sociosanitario; e outras 12 entidades entre colexios profesionais, sindicatos e partidos políticos. Ademais de máis de 450 persoas individualmente, que se distribúen de xeito semellante entre profesionais dos servizos sociais e veciñanza en xeral, quere facer público o seguinte Comunicado de apoio aos traballador@s do Centro de Educación Especial Santiago Apostol de A Coruña que convocan unha folga o martes dia 18 de Maio para revindicar o mantemento, na situación actual, deste Centro históricamente senlleiro en Galicia na atención de persoas con discapacidade, ante as previsións de peche por parte da Consellería de Traballo e Benestar Social do mesmo.
A pretensión privatizadora da Consellería de Traballo e Benestar Social, que ven denunciando esta Plataforma dende hai meses, volta a reproducirse coa mesma estrategia: contrapoñer o público fronte ao privado, tentar transladar á sociedade a idea de que funciona mellor o privado, para eliminar os centros públicos. Sumámonos a traballadores e traballadoras deste Centro público cando revindican a necesidade de que haxa períodos nos que as familias se ocupen das persoas con discapacidade, fronte a idea de establecementos onde se poidan “aparcar” ás persoas de forma permanente. A estratexía privatizadora como indican os/as propios e propias traballador@s do Centro leva mesmo a recomendar dende a propia administración autonômica centros privados ás famílias en vez do Santiago Apostol.
Persoas que formamos parte desta Plataforma, participaremos directamente nas mobilizacións previstas para o dia 18 de maio e facemos um chamamento a outras persoas e entidades a que se sumen a esta convocatória na que nos xogamos, unha vez mais, a pervivencia do sistema público galego de servizos sociais.
Para máis información: Miguel Fernández (662-307019) e Xosé López(686-506858) enderezo electrónico: defensa.servizossociais.publicos@gmail.com
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario