Esta plataforma, conformada por entidades sociais, sindicais e políticas, colexios profesionais, concellos e cidadáns e cidadás de toda Galicia, naceu co obxectivo de acadar o pleno desenvolvemento da Lei 13/2008 do 3 de decembro de Servizos Sociais de Galicia, en vigor dende o 18 de marzo de 2009, onde se definen os servizos sociais como un sistema público, constituíndose no 4º piar do benestar xunto coa sanidade, a educación e a seguridade social.
Animamos ás organizacións que o desexen e ás persoas a titulo individual a que se adhiran a esta plataforma para traballarmos todos e todas xuntas na procura dunha Galicia mellor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario